viernes, 22 de febrero de 2013



PEÑA: OS TORGAS (Afeccionados do Parada do Sil C.F.)




INFORMACIÓN PARA OS SOCIOS ACTUAIS 



Levamos con esta temporada catro anos coa Peña.

Durante este período, houbo varias baixas como socios e tamén varias altas. A hora de aplicar os estatutos, no que se refire As sancións por non ter ó día as cuotas, non fomos demasiado esixentes, mais ben diría que fomos moi flexibles, pois hai xente con varios meses que aínda non se deron de baixa.

Polo bo funcionamento da Peña non debemos ser tan permisivos, pois nunca hai problemas ata que hai diñeiro polo medio. Imaxinade que nos tocase unha boa Primitiva, todo o mundo se apuntaría a cobrar os beneficios, pero os que non tiveran as contas o día non terían dereito a ela.

Por outra banda estamos asignando unha cantidade fixa para a Porra (30 euros por xornada), isto según os estatutos correspondería a 40 socios, pero agora mesmo non somos 40 os que temos as cuotas ó día, e durante moitos períodos tampouco o somos, co cal estamos diminuíndo os beneficios para A Peña e por suposto para O Equipo. Tódolos anos facemos Unha Cea o rematar a temporada do Equipo. Esta Cea págase cos cartos da Peña, pero case nunca chega, pois os premios tampouco son moitos. O que falta estámolo poñendo dos fondos do Clube, pois todos ou a maioría dos membros da Peña, son socios do Club tamén, e creo que é un agradecemento aos socios por parte do Club.

Por todo isto pensamos que apartir de agora deberíamos ser mais rigorosos coas normas da Peña, e actualizar a lista de socios da mesma, co obxecto de darlle unha maior transparencia i evitar posibles problemas no hipotético caso de que nos toque unha primitiva de Varios Millos de Euros.

Por iso suxírovos a os que non estades ó día no pago das cuotas que vos poñades ou que vos deades de baixa. E todos aqueles que non sodes socios e queredes facervos, que estaremos encantados de aceptarvos como tales.

No hay comentarios:

Publicar un comentario