HISTORIA DO PARADA DO SIL C.F




Ainda que a primeira vez que o noso equipo estivo federado foi na tempada 2008-2009 a referencia histórica máis antiga data dos anos 40-50.


Naquela época o equipo facíase chamar "Os tigres do Sil" e adicábanse a xogar partidos amistosos cos pobos dos arredores, algúns dos xogadores daquel momento foron Camilo Yáñez Pons (Camilito) e Antonio Vázquez Pérez (Toñito do Recanto).

A partires de entón sempre houbo equipo en Parada pero só se xogaba de forma amistosa, a última vez que se xogou de forma máis ou menos continuada foi na época dos 70 e xa daquelas a vestimenta do equipo era coma a de hoxe, camiseta laranxa e pantalón negro.

A continuación podedes ver dúas fotografías antigas. 

As dúas son nas instalacións do noso estadio: Unha no propio campo e a outra na cancha de tenis que está o lado. 





No hay comentarios:

Publicar un comentario