PEÑA



PEÑA: OS TORGAS (Afeccionados do Parada do Sil C.F.)




OBXECTIVOS :

  1.  Facer un grupo de amigos, seguidores do Parada do Sil C.F. con ganas de facer algunha “Cuchipanda” xuntos e o mesmo tempo axudar O NOSO EQUIPO.



NORMATIVA:


  1. DURACIÓN: Do 1de setembro de 2009 ó 31 de agosto de 2010 (Prorrogable anualmente)
  2. PARTICIPANTES: Os que figuran no  Anexo I


  1. CUOTA: Cada participante aportará a cantidade de 2 euros cada semana.

  1. XOGOS NOS QUE PARTICIPARÁ A PEÑA:


       ü  PORRA SEMANAL: Farase unha porra mentres dure a liga do Parada do Sil C.F. con 5 equipos:

§  Partido Nº 1: Parada do Sil C.F.,
§  Partido Nº 2: Real Madrid,
§  Partido Nº 3: Barcelona,
§  Partido Nº 4: Deportivo da Coruña e
§  Partido Nº 5: Celta de Vigo,

Si algún dos equipos da porra non xogase unha semana sustituiríase na porra desa semana por o primeiro partido que apareza na quiniela desa xornada. Nesta porra haberá que acertar o resultado dos 5 partidos mediante os signos 1 X 2.
Cada participante fará chegar os resultados que considere oportunos da porra, o lugar ou lugares destinatarios de esta, (nestes momentos BAR PILAR de Parada) si unha semana non pon os resultados na folla para tal efecto, os resultados considérase non presentados, quedando sen participar na porra en dita xornada.

Si dous equipos da porra unha semana xogan entre eles (Madrid-Barcelona, Barcelona-Deportivo, etc.) o equipo que xogue na casa pónselle o resultado no seu número correspondente, e no número, do que xogue fora, porase o resultado do partido que figure na casilla nº 1 da quiniela de esa semana. (Exemplo: Si na xornada 19 xoga Real Madrid – Deportivo da Coruña; No partido nº 2 da Porra porase o resultado de ese partido, e no partido nº 4 da porra porase o resultado do partido que apareza na quiniela na primeira posición sempre e cando non coincida con ningún da porra, si é así será o seguinte.



  PRIMITIVA: Xogarase unha cantidade fixa todas as semanas, xogando a primitiva dos xoves e os   sábados, a cantidade variará en función dos números de socios da Peña, tratarase de xogar unha primitiva múltiple cos mesmos números todas as semana
NÚMEROS: Serán os mesmos toda las semanas: Os que decidan os señores socios

5.  OBLIGACIÓNS DE CADA SOCIO: Pagar a cuota establecida laicamente cada semana. O  pago da cuota tamén se poderá facer de forma mensual ou anual. Deberase de preocupar cada socio de estar o día no abono das cuotas correspondente

6.   SANCIÓNS: Os socios que retrasen o pago da cuota en mais de un mes, sen causa xustificada, serán expulsados da Peña e perderán todo los dereitos  que tiñan ata o momento como membros da Peña. Perdendo tamén a súa parte proporcional nos fondos que puidera haber na tesorería da Peña nese momento.

   7.  NOVOS SOCIOS: Unha vez constituída a Peña Os Torgas, si quixera entrar algún novo socio  poderao facer pagando a cuota correspondente mais a parte proporcional do fondo que haxa     na Peña. 


       8. DISTRIBUCIÓN DA CUOTA DE CADA SOCIO:











CUOTA SEMANAL
2 €



1 €

PORRA

0.75 € PARA O
ACERTANTE DA PORRA


0.25 €
DONACIÓN PARA O EQUIPO



1 €

PRIMITIVA

0.75 €
JUEGO PRIMITIVA


0.25 €
DONACIÓN EQUIPO





PORRA: O que acerte  os resultados dos 5 partidos da semana dos que se compón a Porra, mediante os signos 1 X 2 levará o total recadado para tal fin, si nunha semana hai mais dun acertante, repartirase o total do destinado a Porra entre o número de acertantes, si non hai ningún, acumularase o recadado para a semana seguinte.

PRIMITIVA: A xestión dos premios que se acaden no xogo da primitiva será a seguinte:
  • 80% do premio será para A Peña Os Torgas
  • 20% do premio danarase ó Parada do Sil C.F.



    9.  ACTIVIDADES DA PEÑA:

Polo  menos una vez o ano farase unha reunión – cena de todo los socios da Peña, si hai fondos pagarase dos fondos e si non os hai farase a escote-pericote.

Si hai fondos suficientes farase unha escursión O Caribe todo los invernos, si non hai fondos cada un dos socios irá onde lle pete..


No hay comentarios:

Publicar un comentario