viernes, 22 de febrero de 2013


PARA OS QUE NON SODES SOCIOS E QUEREDES SELO:


¿QUÉ É?:

É unha Peña de Amigos, seguidores ou Aficionados do PARADA DO SIL CLUB DE FUTBOL. Organizada para xuntarse polo menos unha vez ó ano nunha cea, e co ánimo de axudar ó Equipo. Ademais da ilusión de facernos ricos si pode ser.


¿QUÉN PODE SER SOCIO?:

Tódolos que sintan algo polo Parada do Sil C.F. ou polo Concello de Parada de Sil, ou queiran contribuír a aportar un graíño de area pola nosa terra. E se comprometan a cumprir coas obrigas da Peña.


¿CALES SON AS OBRIGAS COMO SOCIO?:

Soamente poñer 2 euros a semana. O mellor e mais cómodo para todos é poñer a cuota do mes (10 euros) 


¿QUÉ FACEMOS COS 2 EUROS?:  

Facemos Unha Porra, con cinco Partidos (os que xoguen co Parada do Sil CF, co Madrid, CO Barsa, CO Depor e CO Celta) e Xogamos a Primitiva. Na porra hai que acertar o resultado con 1, X, 2. de esos 5 partidos.






Cuota semanal
2 €


1 €    Para a
        PORRA
0.75 € PARA
O que acerte a Porra
0.25 €
DOAZÓN PARA O EQUIPO


1 € para xogar a Primitiva



0.75 € Para a Primitiva


0.25 € Doazón ó Equipo

Todo isto está explicado nos estatutos da Peña que podedes consultar, nesta páxina do Equipo. ( nas pestañas superiores/ Peña)


¿SITUACIÓN ACTUAL DA PEÑA?:  

Somos mais ou menos 40 socios, para a Porra semanalmente o que a acerta leva 30 euros, si é el o único que acerta, si unha semana non acerta ninguén, acumúlase para a seguinte e o premio duplicaríase.
Para a Primitiva xogamos cada semana dúas primitivas de 7 apostas cada unha (28 euros.) cos mesmos números tódalas semanas. Podedes ver Os partidos da porra do mes de marzo e a lista dos socios onde poñen os resultados da porra cada semana. E tamén ver os número que xogamos cada semana.
Si estades interesados podedes poñervos en contacto con nos a través desta páxina ou con calquera membro da directiva do Parada do Sil C.F. ou no Bar da Pilar.



¡¡ANÍMATE E PARTICIPA!!

¡¡¡¡¡¡1, 2, 3 PARADA!!!!!!!







No hay comentarios:

Publicar un comentario