lunes, 18 de febrero de 2013


Xornada Nº 22, sábado 16 de febreiro de 2013

Partido:  Parada do Sil C.F. & CD Trives

Resultado: 1- 0


Seguimos sen perder na segunda volta. De 5 partidos, os dous primeiros empates, co

Pontedeva e co Castrelo e os tres últimos ganados, co Carballiño, A Peroxa B e esta xornada
O Trives. Este último danos a opción de soñar cos postos de ascenso, agora mesmo estamos
en 7ª posición con 38 puntos, o 6º é O Coles con 39, 5º O Ribadavia con 44 e ó 4º é O Trives
con 45, despois está O Pontedeva de 3º con 46 e O Crespos con 47. Moita igualdade, e nos
a 7 e 8 puntos do 4º e do 3º. Todo é posible. 

O partido deste sábado foi de bastante tensión polo que nos xogábamos os dous equipos, moito ríspeto por ambas partes, pero o resultado decantouse para nos, creo que merecidamente. A primeira metade metemos o Trives no seu campo e aínda que non houbo oportunidades claras por ningún dos dous equipos o dominio foi claramente noso. 

A segunda metade estivo mais igualada pero nun saque de banda que lle chaga o balón a José Angel, este envía o balón a portería contraria e entre o porteiro, un defensa e Carlos Fariñas, o balón entrou na portería. 

Non foi un gol bonito pero o que conta é que subiu o marcador e conseguimos os 3 puntos. O gol o árbitro apuntoullo a José Angel.

O negativo foi que José Angel e Jaime recibiron unha amarela e non estarán o vindeiro
partido contra O Crespos, partido que si ganamos podemos seguir soñando.


O vindeiro 24 de febreiro: Crespos CF & Parada do Sil C.F.



¡¡¡¡¡1, 2 , 3 PARADA!!!!!!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario