martes, 26 de febrero de 2013



Xornada Nº 23, DOMINGO 24  de febreiro de 2013


Partido:       CRESPOS  &   PARADA DO SIL C.F. 
Resultado:  1 - 1

Unha xornada mais sen perder na segunda volta.  E ademais, dos que están por riba de nos  xa xogamos co 2º (Crespos), co 3º (O Trives), 5º (Pontedeva), e 7º (Carballiño).


O partido desta semana, aínda que non foi un mal resultado para xogar con Crespos no seu campo, souponos a pouco, pois si houbésemos marcado un penalti que fallamos, podíamos haber ganado o partido. O gol que marcaron eles, foi bastante chorra, había varios xogadores dos nosos debaixo dos paus e o balón pasou por entre eles sen que ninguén puidese evitalo. O noso chegou na segunda metade dun saque de esquina que saca Alex e remata David Vidal.

Do mais salientable do partido foi a arbitraxe, non entendo como poden existir árbitros como o que nos arbitrou o domingo pero é algo que non podemos evitar, solo tratar de xogar o mellor posible para que iso non nos afecte. O malo é que Vidal non estará o próximo domingo.

Próxima xornada o sábado día 2 en Parada:

 Parada do Sil C.F.    &   Cenlle


¡¡¡¡¡1, 2 , 3 PARADA!!!!!!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario