lunes, 21 de enero de 2013


Xornada 19: domingo 20 de xaneiro de 2013

Partido: Castrelo de Miño & Parada do Sil c.f.  . Resultado: 0 -0


Partido para esquecer. Protagonista: O árbitro.


O mais salientable do partido, foi a desgraza que lle aconteceu a Ruben no minuto 69, despois dun remate a porta, nun barullo de xogadores dentro da área, cáenlle en riba, o porteiro e outro xogador, o resultado foi a rotura do peroné de Ruben. Rubén pedindo por favor que se chamase a ambulancia, e o listo do árbitro, dicindo que esperásemos, primeiro, nin chamou a asistencia nosa para que atendésemos a Rubén, entramos nos a atendelo sen que o árbitro nos chamase, e en vez de avisar o delegado de campo, para que chamase a ambulancia canto antes, pois Ruben non aguantaba a perna, o que fai e expulsar a o delegado do Parada. Como podedes observar todo un personaxe. O resto xa case non merece mención, un penalti clarísimo que lle fan a Pablo no minuto 89, derribándoo por detrás, e o árbitro sácalle tarxeta a el por simular unha falta.  Xa na primeira metade anúlanlle un gol clarísimo a Vidal, por fora de xogo, nunha xogada na que había tal acumulo de xogadores na área que é case imposible que houbese fora de xogo. Despois de todo o importante é que se recupere Rubén. Sorte Rubén!!!!!!Próximo partido: Xornada 20; sábado 26 de xaneiro de 2013 as 16:15 en Os Torgas (Parada de Sil)


PARADA DO SIL C.F.   &  SPORTING CARBALLIÑO C.F.


¡¡¡¡1, 2, 3 PARADA!!!!!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario