viernes, 18 de enero de 2013


Comenza a segunda volta:

Xornada 18: sábado 12 de xaneiro de 2013


Partido: Parada do Sil c.f.   & Atlético Pontedeva C.F. Resultado: 1 -1


Xogamos ben, pero seguimos sen ter acerto, a hora de encarar a portería.

Na primeira metade, o Parada estivo ben plantado no campo e notouse o seu dominio
no terreo de xogo, o froito deste traballo chegou despois de unha bonita xogada, que
se inicia no medio do campo e que remata cun pase de Dani Campos dende a liña de
fondo, do lado esquerdo da portería, en dirección ao interior da área, onde chega Torres
que remata e fai gol. 1 – 0 Para O Parada, así chegamos o descanso. Xa na segunda
parte O Pontedeva repúxose e o partido estaba mais igualado, pero sen oportunidades
para ningún equipo. O gol do Pontedeva foi a balón parado despois dunha falta que
lle pitaron a Jaime cerca do vértice dereito da área grande. Despois nos tivemos varias
oportunidades que non quixeron entrar, as mais claras foron, un penalti que lle fan
a José Angel, tírao Dani Campos ao pau dereito sae rexeitado e remata Ruben que
tira directamente ao porteiro. Outra oportunidade clara foi un remate de cabeza de
Fernando o largueiro. Resultado, Un empate que sabe a pouco, aínda que sexa cun dos
de arriba.

Próximo partido: Xornada 19; domingo 20 de xaneiro de 2013 as 16:15 en Macendo

AD CASTRELO DE MIÑO & PARADA DO SIL C.F.


¡¡¡¡1, 2, 3 PARADA!!!!!!


No hay comentarios:

Publicar un comentario