sábado, 7 de enero de 2012

XORNADA 17ª

Parada do Sil 2 - Moreiras 3
Xa co novo ano e despois cun parón de dúas semanas que serviu para recuperar xente para axudar ó equipo, un partido vibrante con moitos goles..
Empezou bastante mal o partido xa que ós dez minutos adiantaronse no marcador eles cun bo gol de cabeza, e uns poucos minutos despois marcan o segundo despois de algún erro na defensa que fai que entre o balón chorando na portería, ahí se acabou o Moreiras xa que empezamos a empuxar e empuxar e despois dalgunha ocasión nos últimos minutos da primeira parte marcamos o primeiro.
A segunda parte empezou como acabou a primeira, con moita intensidade por parte nósa e con imnumerables ocasións moi claras, víase o Moreiras sen forzas e contra as cordas, pero o balón non quería entrar... Despois dunha internada na área de Jose o porteiro faille falta moi clara e penalty a favor noso, e conseguimos empatar o partido (gran segunda parte e gran xesta dos nosos xogadores...), seguimos a loitar pola victoria; pero nun tiro deles que pega nas mans dun defensa noso penalty en contra cerca do final, gol e tres puntos que se escapan inmerecidamente...
Titulares: Anxo, Paco, Pablo, D. Vidal, Dobaño, Jaime, Javier, José Ángel, Charli, Jose e Fernando.
Suplentes: Armando, Edgar, Pablo, Dani e Alex...
Próxima xornada comenza a segunda volta, polo que xogaremos outra vez na casa contra o Pontedeva...
Saudos

No hay comentarios:

Publicar un comentario