martes, 17 de enero de 2012

XORNADA 18º

Parada do Sil 3 - Pontedeva 1
Partido que podería parecer fácil pero que non foi tanto. Na primeira parte púxemonos por diante 2 - 0, o primeiro gol tras un saque de banda que cabecea moi ben Carlos Fariñas lonxe do alcance do porteiro, o segundo tanto obra de José Ángel. Na segunda parte relaxamonos bastante e a piques estivo o último clasificado en darnos un bo susto xa que tras un fenomenal lanzamento de falta meteron o primeiro e nada máis sacar de centro un bo tiro deles pegou no longueiro. Despois repuxemonos un pouco e conseguiu Fernando o terceiro que nos deu a tranquilidade.

Primeiro partido da segunda volta con victoria ainda que non sirve para que avancemos na clasificación.
O próximo partido contra o Cidade, un partido que se presenta emocionante pola rivalidade que temos con ese equipo, un equipo que toca moi ben o balón pero que ás veces vaiselle a cabeza e fai que perdan os papeles, se somos capaces de gañar daremos un paso moi importante de cara a coller ós que van por diante de nós, así que ánimo e a por elessssss....
Titulares: Anxo, D. Vidal, Paco, Pablo, Jaime, C. Fariñas, Jose, José Ángel, Alex, Dani Casares e Fernando..
Suplentes: Edgar.

1 comentario: