jueves, 3 de noviembre de 2011

XORNADA 9ª

Lodairo 1 - Parada do Sil 0
Partido moi intenso dende o inicio contra un Lodairo que cambiou bastante respecto ó ano pasado, así o reflexa a súa clasificación, na xornada anterior deu a sorpresa ganandolle a todo un líder como o Arrabaldo. Neste partido nós demos a cara e puido ganar calquera, pero cando se cantaba un empate a cero, tras un roubo no medio do campo, montaron unha contra rápida e marcaron o gol da victoria quedando 15 min para o final e que non puidemos igualar.

Estes resultados negativos, fainos caer na clasificación ata o posto 10, a ver si vamos recuperando a moral e as forzas para afrontar os próximos partidos e así subimos postos xa que senon é así despois sera moi difícil a remontada...
Titulares: Anxo, Javi, Dobaño, D. Vidal, Paco, Jaime, Buru, José Ángel, Jose, Alex e Fernando.
Suplentes: Pablo M., Edgar, Dani Casares e Bruno.
Este fin de semana temos o único derbi desta temporada contra o Loureiro, esperamos que se vexa un bo partido e que queden os tres puntos na casa, que nos fan moita falta... E despois do partido, unha boa cena de equipo no Camping para animarnos e coller forzas...
Un saudo....

No hay comentarios:

Publicar un comentario