martes, 25 de octubre de 2011

XORNADA 8ª

Parada do Sil 3 - Castrelo de Miño 4
Partido contra un equipo dos que este ano están arriba, empezamos marcando pronto ós cinco ou dez minutos cun posible fora de xogo pero que o árbitro deu como bo, foi gol legal. Pero nun saque de falta, un xogador deles consigue metela por riba dun defensa e o porteiro e cerca do final da primeira, tras un rechace do porteiro dun tiro deles, póñense por riba.
Na segunda metade fomonos un pouco máis arriba e conseguimos dárlle a volta ó partido en pouco máis de cinco minutos, era unha euforia ainda que non soupemos conter o partido e tras unha xogada de mala sorte empatan o partido, logo veu unha falta ó borde da área e o xogador que marcou as diferencias deles marca un golazo pola escadra imposible para Anxo...

Partido que se foi e que nos pon un pouco en desventaxa cos da cabeza, pero hai que seguir loitando, recuperando efectivos e dálo todo en cada partido para non descolgarnos que despois será moi difícil coller ós que van arriba....

Titulares: Anxo, Pablo, Vidal, Dobaño, Paco, Buru, Javi, Jose, Bruno, Fernando e Alex.
Suplentes: Edgar, Dani, Pablo e Modesto.

Próximo partido, contra o Lodairo, penso que un dos equipos revelación deste grupo, así que será difícil gañar pero coma sempre intentaremoloo
A por todassss... ¡¡Ánimo!!!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario