domingo, 28 de noviembre de 2010

XORNADA 13ª

Parada do Sil 1 - Atl. Velle 2.
Segunda derrota do Parada, esta vez na casa fronte a un rival directo para o ascenso... Despois dunha primeira parte bastante floxa, fómonos ó descanso cun gol en contra. Na segunda parte despois dun gran gol de falta do Velle empuxamos e empuxamos ata conseguir recortar distancias gracias a un penalty, seguimos metendo ó Velle na súa área e dispuxemos de varias ocasión para empatar pero esta vez non puido ser...
O positivo da xornada é que o Trives e Caldelao, rivais directos tampouco sumaron ningún punto e seguimos á mesma distancia...
Próximo rival O Chaos que ven de conseguir nesta xornada a súa primeira victoria despois de varias tempadas sen gañar, hai que ir a por eles como se fosen líderes... e non deixarse levar.
Un saudo...

No hay comentarios:

Publicar un comentario