lunes, 4 de noviembre de 2013



XORNADA Nº8




Partido: CENLLE & PARADA DO SIL C.F. 

 

 Resultado: 3 - 0


Esta semana sufrimos un duro castigo en Cenlle, e xa son duas consecutivas enlazando malos resutados.
Comenzou o partido bastante igualado, sen ocasións claras para ningún dos dous equipos. Cara a metade do primeiro tempo unha falta lanzada polo Cenlle dende perto do medio campo, que nun principio non debería supoñer perigo supuxo o primeiro gol, cabezazo cara atrás que pilla a Anxo saindo a pola pelota, e colouse...
Así chegamos ó descanso, sen moito futbol e con moitas imprecisións...

Na segunda metade saiu Josiño por Gonzalo que quedou lesionado nos vestuarios e saimos a polo partido, pero nunha contra ós cinco minutos, Borja fixo penalty e o árbitro expulsouno, chegou o segundo e quedamos con dez, mala pinta tiña o partido...

Mediada a segunda metade catro cambios para revolucionar o partido e intentar a eroica, pero ó pouco tempo outra expulsión, esta vez a Diego por unha patada sin balón, así que intentamolo pero non puido ser... Semellaba que facíamos mellor futbol con 9 que con 11... Cando estaba rematando o partido con outra falta ó borde da área meteron o terceiro e ahi acabou todo...!!!





¡¡¡¡1, 2 , 3 PARADA!!!!!!!










No hay comentarios:

Publicar un comentario