lunes, 25 de marzo de 2013
Xornada Nº 27, sábado 23 de marzo de 2013
Partido: PARADA DO SIL C.F. & Borulfe de Vilamarín
Resultado: 2-0
Volvemos a senda ganadora. O sábado foi un partido sen complicacións, aínda que tardamos
en facer o primeiro gol, este chegou xusto antes do remate da primeira metade, nun saque
de esquina que remata Vidal o borde da area pequena. O segundo foi de Iván na segunda
metade que se queda solo ante o gardamallas e marca. Un en hora boa por Iván, que é o
primeiro gol que marca, esperemos que agora non pare.
Tivemos algunhas ocasións mais, como dos tiros o poste, pero coma sempre cústanos
metela, pouco mais que dicir, un pequeno percance entre Pablo e un contrario, na disputa
dun balón chocaron coas cabezas e Pablo saíu mal parado, cunha contusión e un pequeno
corte por riba da cella dereita. Nada grave.
O fin de semana que ven descasamos, hai que ir a cumprir co precepto.
O Próximo encontro será o fin de semana do 6 ou 7 de abril en Loureiro
Loureiro & PARADA DO SIL C.F.
¡¡¡¡¡1, 2 , 3 PARADA!!!!!!!
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario