martes, 5 de marzo de 2013


NOTA INFORMATIVA SOBRE CAMBIO DE ADESTRADOR:

Esta semana tiven unha reunión co Adestrador (Toño Sanmartín) e chegamos de mutuo
acordo, a conclusión que era mellor para as dúas partes, para o Club e para o Mister, que a
temporada que ben non seguise no equipo.

Foi un período de tres anos o que estivo con nose estou convencido que o balance foi positivo. Unha simbiose na que todos sacamos algo positivo.

Estas tres temporadas servíronnos para consolidarnos como Equipo e para que en
tódolos foros do fútbol provincial saiban que O Parada do Sil C.F. está aí e hai que contar con
El para falar de fútbol. Dende aquí quero agradecerlle o que fixo polo equipo durante estes
tres anos e dicirlle que aquí estamos para o que necesite, que esta seguira sendo a súa casa.

Quedan dous meses de liga, nos que él seguirá dirixindo o equipo, e trataremos entre todos de
acadar a meta mais alta. Cando remate esta temporada, a mediados de maio, comeza outra
nova etapa no Parada do Sil C.F. Espero que entre todos consigamos, que polo menos esa nova
etapa sexa igual que a que estamos a punto de rematar.

Dicirlle a tódolos xogadores que contamos con eles para a próxima temporada. Que esta é a
súa casa, que nos gustaría seguir contando con eles e poder seguir mantendo este equipo no
que o mais importante é precisamente este grupo humano.

Tamén me gustaría pedirvos tanto a xogadores como a socios e seguidores a vosa colaboración para esta nova etapa. Entre todos podemos.


¡¡¡¡1, 2, 3 PARADA!!!!!!



O Presi

No hay comentarios:

Publicar un comentario