lunes, 4 de febrero de 2013


Xornada Nº 21, sábado 2 de febreiro de 2013


Partido:  A Peroxa B & Parada do Sil C.F.
Resultado:  0-2


Seguimos sen perder nesta segunda volta. O sábado empezamos tarde, porque o árbitro
pensaba que o partido era o domingo e chegou as 18:20 cando o partido tiña que comezar
as 18:00. Facía moito frío Na Peroxa, pero trouxemos 3 puntiños que nos colocan nunha
posición que nos fai soñar cos postos de ascenso.

O partido transcurriu sen ningunha dificultade para nos. Como case sempre tivemos
bastantes ocasións de gol, pero non as materializamos. Na primeira metade, dúas bastante
claras, unha de Fernando que se vai dos dous centrais, pero o campo estaba tan rápido que
o balón fóiselle cando xa ia quedar soo ante o porteiro. Houbo outra de José Angel, que
nun saque de esquina o balón vai a o segundo pau, e el consigue rematar case debaixo dos
paus pero o balón sae por riba do longeiro. Nesta primeira metade chegaría o primeiro gol,
sacamos de esquina dende o lado esquerdo da portería e Fernándo no primeiro pau toca o
suficiente coa cabeza para que o balón entre pola escuadra dereita.

O segundo foi obra de Alex tamén a balón parado, un saque de banda que lle chega a el
remata e gol. Pouco mais que dicir.

O seguinte fin de semana descansamos polo carnaval, a próxima xornada será dentro de 15
día en Parada. Un partido moi interesante, si lle ganamos O Trives poñémonos a 7 puntos.

O vindeiro 16 de febreiro: Parada do Sil C.F. & Trives


¡¡¡¡¡1, 2 , 3 PARADA!!!!!!!







No hay comentarios:

Publicar un comentario