lunes, 26 de septiembre de 2011

XORNADA 4ª

Parada do Sil 7 - Borulfe de Vilamarín 0
Nada máis sacar de centro os do Borulfe cun erro ó pasala cara o porteiro, Fernando loitouna con todas as forzas para pórlla a Buru que rematou a gol, con este gol o partido foi moito máis fácil e tamén debido a que eles tiñan poucos cambios, fomos ó descanso cun 2-0, na segunda chegaron os outros 5.
Poucos aficionados dun e doutro bando e é normal polo tempo das vendimas e o calor, etc, esperamos que pouco a pouco a xente se vaia animando e se achegue ós Torgás, ainda que só sexa unha hora e media do seu tempo de ocio para ver o equipo e facer un bo ambiente...
O próximo fin de semana temos un duro rival e agora mesmo rival directo xa que estamos empatados a puntos con eles, unha boa proba de fogo para por de manifesto as nosas aspiracións nesta temporada...
Titulares: Anxo, D. Vidal, Dobaño, Pablo, Paco, Jaime, Jose, Buru, José Ángel, D. Campos e Fernando.
Suplentes: Edgar, Dani Casares, Alex, Bruno e Carlos Fariñas...

No hay comentarios:

Publicar un comentario