lunes, 7 de febrero de 2011

XORNADA 21ª

Parada 1 - Atl. Peroxa 1
Partido moi disputado contra o Atl. Peroxa un dos equipos que máis me gustou no que vai de temporada e que xa nos primeiros minutos sabía a que viña. Dispuxeron de dúas ocasións moi claras con sendos tiros ó largueiro, e logo dunha boa combinación chegaría o seu gol e así se chegou ó descanso. Na segunda parte fomos a polo empate e dominamos o balón ata que nunha boa xogada chegaría o empate por medio de José Ángel. Faltando pouco tempo expulsaron a Pablo, creo que mal expulsado, pq o contrario deulle un puñetazo... Punto importante que nos mantén na mesma posición co Atl. Peroxa e tamén nos postos de arriba.
Agora tres partidos fóra, o primeiro deles nun campo moi complicado como é o do Salamonde e que ven escalando posicións tamén, así que hai q ir a por todas....
No partido contra o Atl. Peroxa destacar que estivo defendendo a portería Israel e que non o fixo nada mal.. ten maneiras jejeje
Alineación: Israel, Dobaño, Pablo, Vidal, Jaime, Aramburu, José Ángel, Edgar, Dani Campos, Carlos Fariñas e Fernando. Suplentes: Dani, Armando, Félix.

No hay comentarios:

Publicar un comentario