martes, 21 de septiembre de 2010

XORNADA 3ª

Cenlle 2 - Parada do Sil 2
Nos primeiros cinco minutos xa tiñamos un gol en contra, por culpa dunha falta que tiraron eles. Non logramos empatar ata a segunda parte, despois dun penalty que fallamos. Pero así que empatamos volveronnos sorprender con outro gol. E cando pasaban cinco minutos do tempo marcamos o empate gracias a un penalty que nos pitou o árbitro e esta vez si que metimos.
A verdade mal partido o noso... Pola calidade que temos, creo que podemos facer máis e meternos nos partidos como se debe para lograr os puntos que nos leven arriba.
Equipo de inicio: Guzman, Paco, Edgar, Dobaño, Vidal, Jaime, Chicho, Armando, Charli, Israel e Fernando. Suplentes: Pablito, Dani Campos, Dani e Félix.

Próximo partido na casa contra o Lodairo o domingo ás 17:30 h. anímadevos a vir pasar a tarde do domingo ós torgás...

No hay comentarios:

Publicar un comentario